HomePolíticaMáis traballo e menos incompetencia política pide o PSOE de Quiroga ao...

Máis traballo e menos incompetencia política pide o PSOE de Quiroga ao alcalde

Os socialistas propoñen ao Alcalde que inclúa as obras do cemiterio municipal dentro dos proxectos do Plan Único da Deputación deste ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación Socialista de Quiroga emprazan ao Alcalde a que traballe por solventar aos problemas dos veciños e veciñas e “deixe de lamentarse da súa incompetencia política, tras anunciar que reclama fondos á Deputación para comprar os terreos do novo cemiterio municipal.” 

Os socialistas propoñen ao Alcalde que inclúa esta nova dotación dentro dos proxectos do Plan Único da Deputación deste ano 2021. “É dicir o Concello de Quiroga dispón de 351.615 euros da Deputación, dos cales pode investir ata un 50% en obras e infraestruturas, e entendemos que o novo cemiterio municipal é unha prioridade para tódolos veciñas e veciños”, insisten.

Ademais lembran que estes fondos provinciais distribúense de xeito transparente e con criterios obxectivos “e o Concello de Quiroga ten autonomía para poder distribuílos nas prioridades que consideren oportunas”, replican. Tamén remarcan que “o Goberno Provincial recibiu e escoitou as demandas do Concello de Quiroga, xa que foi recibido como fan habitualmente con tódolos rexedores ou autoridades da provincia.”

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...