HomePolíticaPoucos medios e neglixencias no recente incendio do Courel?

Poucos medios e neglixencias no recente incendio do Courel?

Ó "abandono" da Xunta, enganden desde Courel Vivo, que o concello elaborou con diñeiro público un plan de prevención de incendios, "que se queda en papel mollado".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 28 de Marzo, tivo lugar o primeiro incendio grande no concello de Folgoso do Courel, entre os Lugares de Piñeira e Meiraos. Segundo o distrito arderon 20 hectáreas. O lume quedou a escasos 100 metros da aldea de Piñeira. Segundo Courel Vivo “Este incendio, serviu para que nos deamos conta dos poucos medios que a Xunta de Galicia ten na zona. Somos un concello no que non había brigada propia, se non fose por sentencia xudicial de que estea a base en Seoane, non teriamos medios persoais na zona e non se sabe o que podería pasar.”

Ó “abandono” da Xunta, enganden que o concello elaborou con diñeiro público nun plan de prevención de incendios, “que se queda en papel mollado para, entre outras cousas, facer cumprir as faixas de protección nas aldeas. Eles mesmos dixeron que era necesario desde o Concello realizar tarefas preventivas, sobre as causas dos incendios forestais co obxecto de evitalos ou, en todo caso, minorar as súas consecuencias económicas e ambientais”. Dita actuación é competencia propia do Municipio de conformidade co artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

Segundo Courel Vivo o caso máis grave é que desde o Grupo de Emerxencia Supra municipal (GES) de Quiroga de garda nesa xornada, non apareceron despois do aviso desde o distrito. “Cando periga un núcleo é moi grave que non se acuda, e o equipo de goberno do concello debería facer unha queixa formal ó seu homólogo de Quiroga polo uso ‘egoista’ que fai do seu GES .  Con respecto á Xunta de Galicia, e palpable o desmantelamento dos poucos servizos cos que contamos. Moita figura de protección, moitos titulares e fotos pero sen inversión nin servizos de calidade para os veciños.”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...