HomePolíticaO PP segue cuestionando a licitación dos servizos turísticos en Monforte

O PP segue cuestionando a licitación dos servizos turísticos en Monforte

A portavoz popular, Katy Varela, asegura que só unha firma presentou proposta á convocatoria efectuada polo Concello para a xestión dos centros turísticos e que a actual empresa que xestiona o Centro do Viño presentou recurso contra as bases que rexen este concurso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular en Monforte recorda que o seu grupo criticou que se licitase nun mesmo lote a atención ao Centro do Viño, a Oficina de Turismo, ás visitas á Torre da Homenaxe e a Oficina do Peregrino. Consideraban ademais que o orzamento de licitación era moi baixo. Di que no PP tiñan coñecemento de que moitas empresas estaban interesadas en participar pero renunciaron á vista das condicións do concurso.

Asegura Katy Varela que a licitación, con tan pouco orzamento non interesou ás empresas, presentándose só Nova Santiago UTE. Por outra parte, Varela di que a presentación do recurso, pola actual empresa encargada do Centro do Viño, contra as bases do concurso coincide, na súa exposición, con varios dos argumentos manifestados no seu día polo PP. “Por un lado, porque non prevé a subrogación dos traballadores, pese a que está recollida como obrigatoria no convenio. Indica neste sentido que podería haber unha vulneración do artigo 130 da lei de contratos del sector público. Tamén se destaca, como no seu día sinalou o PP, que o importe do orzamento non é suficiente para cubrir os gastos.”

Desde o PP aseguran estar preocupados polo que poida ocorrer con este concurso e coa atención aos centros aos que afecta. “Preocúpanos moito a situación dos traballadores, un problema especialmente chamativo nun municipio no que o alcalde foi sindicalista. Estamos diante dun concurso que pode ser impugnado e iso pode ter consecuencias serias para os intereses da cidade.”

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...