A formación nacionalista celebra que por fin o equipo de goberno cambie de postura e acepte levar a cabo obras nos servizos básicos das parroquias que non os teñen. Como pedía o BNG, a necesidade e augas e saneamentos nas parroquias de Santo Estevo do Mato, Santiago e San Vicente de Castillón.
O BNG presentou varias mocións no último Pleno, entre as que conseguíu sacar adiante a que pedía a rede de augas e saneamentos en tres parroquias onde xa se tiña aprobado en Pleno o servizo de augas, que xerará no 2018 a petición de amparo ante a valeduría do pobo, dando lugar a unha nova votación plenaria que concluiría co votación en contra do PP á desviación de crédito necesaria para a execución das obras.
Agora o BNG volve pedir mediante unha moción está infraestrutura así como os saneamentos e consegue o apoio unánime da Corporación de Pantón.
O BNG espera que non aconteza con estas obras como coa traída de augas de Tribás que leva inaugurada meses e non existe tal servizo “polo que lembran dende as filas do BNG que é necesario planificar e falar coa xente dos lugares, para que se detecten en tempo e forma esas necesidades”, así lembran dende a formación en Pantón que aínda están sen presentar os orzamentos do 2021, “Insistimos na planificación e o consenso para sacar adiante iniciativas e infraestruturas necesarias. En política conséguense avances con negociación e sentido común” afirma a voceira municipal, Rosana Prieto Florines, quen lembra que “Estamos no século XXI e temos que asentarnos na cultura democrática do entendemento para establecer de maneira óptima as prioridades dun concello con problemas estruturais como o noso”