HomePolíticaChantada sen adaptarse á nova normativa de circulación nas vías urbanas

Chantada sen adaptarse á nova normativa de circulación nas vías urbanas

O 11 de maio entrou en vigor o novo límite de velocidade en todas as vías urbanas. O novo Regulamento de circulación foi aprobado o 10 de novembro concedendo 6 meses para a súa entrada en vigor, para facilitar que os gobernos municipais tiveran tempo suficiente «para adaptar a sinalización e/ou infraestrutura».

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada aseguran que o concello deixou pasar ano e medio sen facer nada a este resecto e engaden que “debera modificar a ordenanza de circulación, proceder a sinalizar correctamente as vías, etc.” A partir do día 11 a velocidade no casco urbano de Chantada é 20 kms./h. en «vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa» (por exemplo Rúa do Parque, Rúa da Barxela, Praza de Santa Ana ou Praza da Galiza). 30 kms./h. en «vías dun único carril por sentido de circulación», é dicir, en todas as rúas do núcleo urbano de Chantada, a excepción das que estean na situación anterior.

Desde Por Chantada-CUP solicitan que o Concello de Chantada se adapte á nova normativa, axudando a condutores e peóns e reclaman “Medidas de seguranza viaria: sinalización horizontal e/ou vertical, adecuación das travesías, etc. Modificación da ordenanza municipal de tráfico. Medidas de restrición e racionalización do tránsito. Revisión do mobiliario urbano e sinalización (altura das sinais, colocación, etc). Medidas para reducir a perigosidade en áreas especialmente sensíbeis: contorna dos centros escolares da Lama das Quendas (CEIP Xoán de Requeixo e IES Lama das Quendas) e contorna da Residencia de Maiores.”

Foto tirada neste día 11 de maio con sinais non correspondentes coa nova normativa / Por Chantada

De chegar ao goberno, desde Por Chantada propoñen para o período 2023-2027 as seguintes cuestións ao respecto:

  • “Reestruturación da Praza de Santa Ana, con medidas que impidan o aparcamento en toda a praza, agás para a carga e descarga dos comercios, converténdoa novamente nun lugar amábel para as persoas.
  • Reorganizar o tráfico e os aparcamentos nas rúas Xoán XXIII, Ánxel Gómez Montero, Fonte Arcada, entre outras.
  • Auditar os recursos e as accións desenvolvidas pola Policía Local, para mellorar o exercicio das súas competencias e promover as medidas que sexan necesarias co propósito de racionalizar os recursos municipais.
  • Modificación da ordenanza municipal de tráfico para adaptala á noa normativa e ás novas necesidades sociais.”

ÚLTIMAS

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...