HomePolíticaO BNG de Quiroga doará a entidades culturais do concello parte das...

O BNG de Quiroga doará a entidades culturais do concello parte das asignacións por asistencias

O BNG de Quiroga lamenta que o Alcalde non considerara a proposta de destinar a súa dedicación exclusiva para axudar aos colectivos máis necesitados e á construción do cemiterio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado venres 7 de maio dous dos temas que se debatían no Pleno Municipal do Concello de Quiroga era a renuncia do Alcalde, Julio Álvarez, á súa dedicación exclusiva e a modificación da Base 13ª das Bases de Execución do Orzamento 2021. Neste último caso supoñía cambiar o réxime de asignacións por asistencias a órganos colexiados de Alcalde e Concelleiros, cunha subida avanzada na comisión informativa de 90 a 300 €. Nesta comisión, o BNG xa manifestara que aceptaba a renuncia do alcalde pero que  votaría en contra da subida de asignacións.

Pouco antes do pleno, a oposición coñecía unha moción urxente do PP de Quiroga, moción que se aceptou para que entrara na orde do día. Na mesma, propoñían segundo o BNG, “para encaixar os 42.000 euros que quedaban libres da dedicación exclusiva, cobrar por asistencias a órganos colexiados unha asignación de 150 € por sesión, aclarando que os concelleiros que forman parte da Xunta de Goberno e Comisión de Delegados cobrarán unha sesión por semana e o alcalde cobrará todas as asistencias aos órganos colexiados que asista e tamén crear unha dedicación “parcial e temporal” para a atención do medio ambiente.”

En sesión plenaria, e aínda tendo en conta a rebaixa respecto da intención inicial de subir a 300 €, os nacionalistas votaron en contra entendendo que non era o momento. “Hai xente pasándoo mal pola crise produto da pandemia, e temos que dar exemplo. Eses cartos poderían destinarse a sectores sociais prexudicados ou á propia construción do cemiterio, que é unha obra que lle custará moitos cartos ao Concello”, sinalou o concelleiro nacionalista, Xosé Manuel Fernández.

O BNG de Quiroga tamén votou en contra da proposta de crear unha nova dedicación, argumentando que “só se di que será ‘parcial e temporal’ sen especificar tempo de duración e montante económico que representa, e tamén entendendo que eses cartos podían ter semellante destino ao da subida das asignacións por asistencias.”

A moción saíu adiante na súa totalidade cos votos do PP de Quiroga e agora o voceiro do BNG anuncia que doará 50 € de cada asistencia a entidades culturais do Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...