HomePolíticaOs problemas laborais das traballadoras do SAF de Chantada chegan ao Congreso...

Os problemas laborais das traballadoras do SAF de Chantada chegan ao Congreso e ao Parlamento

A parlamentaria Carme Aira, acompañada polo responsable local Manuel Moure e outros membros do BNG mantiña unha xuntanza coas traballadoras do SAF de Chantada hai unhas semanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación nacionalista lamenta o erro que supuxo a privatización do SAF, xa que é a orixe do que está a acontecer, “Os servizos básicos, e de atención sociosanitaria non poden ser unha mercadoría” lembran.

Tras a xuntanza na que os responsables do BNG expresaron o seu apoio explícito á loita que manteñen as traballadoras do SAF afectadas polas “medidas” tomadas pola empresa adxudicataria, fan fincapé en que “unha administración pública non pode mirar para outro lado cando un servizo da súa competencia está a precarizar os coidados e o traballo” en clara referencia ao concello de Chantada que privatizou de maneira unilateral o SAF hai menos de dous anos.

Carme Aira, rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego despois de xuntarse con traballadoras do SAF, tamén con aquelas que foron despedidas pola actual concesionaria estando de baixa e “sen motivos obxectivos” e cuxa xestión privada nos primeiros meses amosa unha preocupante folla de servizos, motivo polo que a Deputada Luguesa na cámara galega lembra que “a precarización das traballadoras é tamén a das usuarias e usuarios, un motivo máis para seguir reclamando máis e mellores servizos públicos”

Na mesma liña, e coa ansia de conseguir estabilidade do persoal e a dignificación dos traballos e dos coidados, o deputado, Néstor Rego, presentou no Congreso dos Deputados unha iniciativa para que se lles recoñezan determinadas enfermidades como profesionais.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...