HomesociedadeO PP de Monforte mete a zoca na denuncia dun ‘aviso de...

O PP de Monforte mete a zoca na denuncia dun ‘aviso de obras en catalán’

Foi o xoves 10 de xuño en relación a un panel informativo de obras situado no Paseo de Lugo e a rúa Carude, en Morforte de Lemos, e cuxo texto estaba en catalán. Os populares monfortinos pensaron que se trataba dunha obra do concello e resultou ser unha obra particular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo un comunicado enviado á prensa este xoves, 10 de xuño, a voceira do PP monfortino, Katy Varela, afirmaba respecto a este aviso de obra que “este é un exemplo máis do descontrol e da mediocridade  que existe na xestión do goberno local, que nin tan sequera fai un seguemento de cuestións tan simples coma esta”. Continuando na crítica ao rexedor monfortino reprocháballe que Monforte “está sen rumbo e sen timón”e que este tipo de situacións poden estar xeradas “por dedicarlle máis tempo á Deputación que á nosa cidade”.

A popular recoñecía ademais que “non teño nada en contra desta lingua, pois en Galicia tamén nos sentimos orgullos da cooficialidade do galego co castelán, pero o que non é de recibo é que o aviso de que se van a levar a cabo obras nestas rúas non sexa en ningunha das nosas linguas que a Constitución nos outorga aos galegos, senón noutra moi diferente como é a referida”.

Contrastada esta situación co Concello de Monforte, concretamente coa Concellería de Obras, comunicáronlle a este medio que o aviso en cuestión estaba posto pola empresa que lle está realizando unhas obras a un particular, empresa que tiña concedido o permiso para cortar a rúa na mañá deste 10 de xuño. Así mesmo, afirmaron tamén que as obras que ten previsto realizar no barrio de Carude o concello empezarán a vindeira semana.

ÚLTIMAS

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...