HomePolíticaO BNG de Taboada denuncia a falta de calidade e salubridade da...

O BNG de Taboada denuncia a falta de calidade e salubridade da auga

Taboada sofre novamente, despois das tormentas, a falta de calidade e salubridade da auga da traída a causa da súa turbidez; aseguran os nacionalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza de Taboada e os negocios están a sufrir a falta de iniciativa da Alcaldía para darlle unha solución definitiva á calidade da auga da traída, situación que o BNG asegura se complica coas tormentas.

O BNG lembra que dende as últimas obras financiadas pola Xunta, que xa consideraron no seu momento insuficientes, non se acometeron novas melloras na estación potabilizadora.

Para o BNG a solución segue a estar en conquerir novas captacións que melloren a calidade da auga xa dende o principio, dando á veciñanza e aos negocios a auga que merecen e pola que pagan. Os nacionalistas reclaman á Xunta que interveña na solución definitiva deste problema e que os próximos recibos a cobro recollan descontos polas deficiencias do subministro.

ÚLTIMAS

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...