InicioPolítica"O Executivo de Sánchez desenténdese da N-540", aseguran desde o PP

“O Executivo de Sánchez desenténdese da N-540”, aseguran desde o PP

Os senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, advirten que a resposta escrita dada polo Goberno central evidencia que o Executivo de Sánchez “se desentende claramente” da N-540, que une Lugo con Ourense, “e ven a confirmar o que xa nos temiamos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta vía de titularidade estatal ten no seu trazado numerosas fochancas, liñas desdebuxadas e un firme practicamente intransitable. É a única opción dispoñible para ir dende Lugo a Ourense, xa que non existe autovía que comunique estas dúas cidades. 

Desde o ano 2018 vense rexistrando un accidente de tráfico cada tres días. Máis de 430 sinistros producidos, en gran parte, polo seu mal firme. Os usuarios, en ocasións, teñen que realizar manobras perigosas para evitar pinchazos ou que un cristal do seu vehículo rompa a causa da grava solta, chegando incluso a invadir o carril contrario.

Os senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, advirten que a resposta escrita dada polo Goberno central evidencia que o Executivo de Sánchez “se desentende claramente” da N-540, que une Lugo con Ourense, “e ven a confirmar o que xa nos temiamos”.

A contestación á iniciativa dos populares di o seguinte: En particular, la Dirección General de Carreteras viene realizando reparaciones urgentes del firme en la N-540 entre Lugo y Ourense en los tramos más deteriorados. Concretamente, la inversión realizada en la carretera N-540 entre 2018 y 2020 en este tipo de actuaciones ascendió a 3,6 millones de euros, además de trabajos puntuales de refuerzo y mejora de la señalización horizontal. 

En paralelo a estas actuaciones, se continúa trabajando en varios proyectos de rehabilitación del firme de la N-540 en las provincias de Lugo y Ourense. Entre ellos, se encuentra aprobado el proyecto de rehabilitación del firme en la travesía de Guntín, entre los p.k. 17+260 y 18+420, y se impulsa la redacción del proyecto de rehabilitación de firme en la provincia de Lugo, entre los p.k. 0 y 69 de la N-540, por un presupuesto estimado de 10,24 millones de euros. Estos proyectos podrán ser licitados en función de las disponibilidades presupuestarias y prioridades que se asignen.

Recentemente, os alcaldes dos Concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, Monterroso, Carballedo e Antas de Ulla, María José Gómez, Juan Serrano, Ramiro Moure, Manuel Varela, Rocío Seijas, Julio Yebra e Javier Varela, respectivamente; acompañados da presidenta provincial, Elena Candia; e do senadores por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e o propio rexedor chantadino, así como da deputada autonómica, Raquel Arias; trasladaran en abril o seu apoio “rotundo” ás demandas dos veciños respecto do estado no que se atopa a N-540, e que xa chegaron tamén ao Defensor do Pobo de España.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....