HomePolíticaO BNG de Monforte leva a pleno a nova tarifa eléctrica

O BNG de Monforte leva a pleno a nova tarifa eléctrica

O concelleiro nacionalista, Emilio Sánchez Iglesias, considera que esta norma xera un impacto negativo nos consumidores e consumidoras, danos colaterais importantes que deberán levar á reconsideración da mesma. O pasado 25 de xuño, presentaba moción en relación a este tema o BNG de Quiroga e aprobouse por maioría no Pleno Ordiario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No pleno desde luns, 28 e xuño, o BNG solicitará da corporación municipal a aprobación de varios puntos relativos á nova tarifa eléctrica. A través dunha moción os nacionalistas piden trasladar ao Goberno central o rexeitamento por parte do Concello de Monforte de Lemos, da súa política enerxética por contribuír ao incremento da factura eléctrica dunha parte importante das e dos consumidores domésticos e de sectores vulnerables.

Demandan tamén instar ao Goberno do Estado a abrir un novo proceso para unha regulación da tarifa eléctrica baixo as seguintes premisas:

  • Reducir os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, singularmente a eliminación do imposto especial da electricidade e a redución do tipo aplicado no imposto de valor engadido até o 4%.
  • Beneficiar aos territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos.
  • Modificar a Lei 24/2013, do sector eléctrico, de maneira que o prezo da electricidade se estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía.

Xunto a esta moción, interesarase pola continuidade do Mercadillo Dominical do Parque dos Condes e pedirá que as empresas encargadas das reparacións que afecten á vía pública, deixen o firme destas en prefecto estado unha vez concluídas as obras.

MOCIÓN DA NOVA TARIFA ELÉCTRICA EN QUIROGA

Esta mesma moción foi presentada polos nacionalistas quirogueses o pasado venres 25 de xuño no Pleno Ordinario do Concello de Quiroga.

Saíu aprobada cos votos favorables do PP (8) e do BNG de Quiroga (1). Os socialistas, cunha concelleira presente na sesión, abstívose.

ÚLTIMAS

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...