HomePolíticaO PP de Monforte demanda un plan específico para evitar os verquidos...

O PP de Monforte demanda un plan específico para evitar os verquidos no Cabe

O Partido Popular de Monforte pide ao Concello un plan específico de saneamento do Cabe e do resto de regueiras para atallar o problema “tan reiterado” dos verquidos de augas residuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira, Katy Varela, lamenta “ter que ser noticia outra vez” por este asunto e esixe ao socialista que deseñe un proxecto concreto. “Non pode ser que un municipio como o noso e no que, precisamente, o río é un dos atractivos que temos, presente continuamente mal olor e unha cor como a que ten neste momentos”. Ademais, apunta Varela, “é un dos reclamos turísticos da cidade durante o verán”, ademais de ser moi usado polo clube de piragüismo.

Os populares consideran que se evidencia que “hai unha falta de compromiso por parte do goberno local, que está máis interesado en ocultar o problema que en solucionalo”, sobre todo, porque “a lei deixa ben claro que tanto o abastecemento de auga como o a rede de sumidoiros e o tratamento de augas residuais son competencias exclusivamente municipais, pero é que ademais de ser un deber legal, sinala a voceira, debería de ser unha responsabilidade ética e moral non ter ao noso río nesta situación”.

“É unha irresponsabilidade”, remarca Varela, que se agrava aínda máis se cabe ao anunciar a recuperación das viaxes polo río. “Este está nunhas condicións de insalubridade evidentes”, insiste. 

O Grupo Municipal do PP pedía a principios deste mes un histórico das sancións acumuladas nos últimos catro anos polos vertidos contaminantes do Cabe. Os populares facían esta solicitude, da que aínda non obtiveron resposta, logo de constatar que existe unha nova multa por valor de 1.800 euros da Xunta de Galicia polo vertemento en Cobas. 

“Falta de respecto aos veciños”

A voceira do PP lamenta, unha vez máis, “a prepotencia e arrogancia” do alcalde ao afirmar que a cadea humana convocada pola plataforma Salvemos O Malecón e desenvolvida este domingo foi un fracaso. Katy Varela considera que as verbas do rexedor son “unha falta de respecto aos veciños que se concentraron nas inmediacións do río e que teñen todo o seu dereito a manifestarse en contra do que pretende facer o Concello”. “Cremos que non é propio nin digno dun alcalde exhibir tal abuso de poder”. Pola contra, manifesta, “nós seguiremos reclamando e estando onde somos útiles aos monfortinos”.

Cadea humana Salvamos o Malecón / Salvemos O Malecón

ÚLTIMAS

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...