HomePolíticaO alcalde de Pantón resposta ás críticas do BNG

O alcalde de Pantón resposta ás críticas do BNG

Segundo o rexedor local todas as propostas levadas ao último pleno para habilitar crédito, aprobáronse co voto a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG. "Como explicará e xustificará o BNG ós veciños de Vilamelle que se opón a melloras no seu saneamento de augas residuais," pregúntase o rexedor local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Recentemente o BNG de Pantón facía públicas unha serie de críticas ao goberno local, asegurando que había falta de transparencia e falta de ideas nun goberno que “disfrazaba salarios encubertos en forma de dietas.”

O alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez, sae ao paso das críticas nacionalistas lembando os temas aprobados no último pleno:  

  • Rehabilitación da edificación para catro vivendas no lugar do Curro por un importe de 268.000,00€.
  • Saneamento de augas residuais en Vilamelle na II e III fases por un importe total de 186.261,00€.
  • Implantación de sistema de control e telemedida en instalación de abastecemento municipal  que alcanza a cantidade de 49.818,00€
  • Adquisición e colocación de elementos de  xogo e biosaludables en parques municipais que supoñen unha inversión de 45.000,00€.
  • Execución das obras de reforma do pavillón municipal, alcanzando unha contía de 150.000,00€
  • Axudas á hostalaría naqueles casos que seus negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da COVID-19 e que alcanzan 18.000,00€.
  • En materia de urbanismo tratouse tamén o acondicionamento de paseo peonil de entrada a Ferreira pola antiga nacional 120 desde o Curro, e diante do mosteiro cisterciense do Divino Salvador que supoñen 210.00,00€.
  • Tratouse a “humanización dos accesos ao balneario e fonte de Augas Santas, en Pantón por unha contía de 99.999,99€.
  • A adquisición de de un inmoble para fins municipais por un importe de 75.00,00€
  • Mellora de instalacións municipais que supoñen 65.000€

Segundo o rexedor local estas proposta, que foron levadas a pleno para habilitar crédito, aprobáronse co voto a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG. Pregúntase o alcalde “¿Perderíanse todas estas obras que a Xunta financia na maior parte nun 70 % , se o PP non tivera maioría absoluta? Eu estou convencido de que si. Como explicará e xustificará o BNG ós veciños de Vilamelle que se opón a melloras no seu saneamento de augas residuais, proxecto polo que levan interesados moito tempo?”

Para o alcalde é inexplicable que o BNG, durante a pandemia estivese facendo campaña entre a hostalaría pantonesa para solicitar axudas e no momento que estas se destinan, se opoñan a que as reciban votando en contra. “Xa nos teñen acostumados a este tipo de de políticas, máis ben malas políticas,” continúa o alcalde, “Non hai moito criticaban o estado das estradas deste concello e cando se levan a pleno na Excma. Deputación de Lugo non teñen mellor opción que votar en contra. Estas prácticas, dende o meu humilde punto de vista, non son a mellor forma de facer país. Agradecería que se cambiasen na súa forma de actuar e que sumasen, polo ben da veciñanza e que non se dediquen a restar forzas nin medios.”

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...