HomePolíticaPor Chantada denuncia os recortes da Xunta no IES Lama das Quendas

Por Chantada denuncia os recortes da Xunta no IES Lama das Quendas

Por Chantada faise eco do malestar da equipa directiva do IES Lama das Quendas pola redución "inxustificada" do cupo de profesorado para o curso 2021/2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES Lama das Quendas de Chantada perde 7.5 docentes respecto do curso pasado e perde 3 docentes en relación ao cupo de 2012-2020 sen calquera xustificación. 

Segundo Por Chantada as consecuencias deste recorte porán en risco a saúde da comunidade educativa, xa que será imposible manter as gardas fixadas no Protocolo COVID do centro, sobretodo ao comezo da xornada e dos recreos. “Cun recorte tan acusado do profesorado auméntase o risco de que o alumnado non respecte as normas e que poda darse transmisión na comunidade educativa. Tamén os recortes afectarían de cheo á equipa COVID do centro, que precisa moitas horas de dedicación.”

A candidatura veciñal Por Chantada parécelle especialmente negativo a perda da ESA, ao consideralo un servizo educativo esencial en todo o partido xudicial. “As persoas adultas sen a ESO terían que desprazarse ata Monforte ou Lalín cando moitas veces o perfil do alumnado é migrante ou persoas con baixos recursos e dificuldades para se desprazar. Novamente, a obsesión do PP polos recortes mostra a falta de sensibilidade coas persoas e cos servizos para o medio rural.”

Por Chantada condena estes recortes que se suman á amortización dunha praza de administrativo mais unha praza de limpeza que non se repón e que poderían obrigar a fechar o centro en agosto, algo que non acontecía tampouco durante todos estes anos. “Non se pode facer política desde un despacho de Santiago ignorando a a realidade do rural e os dados e a información que dan os centros. O PP debe abandonar a súa economía planificada de recortes draconianos a base de planos quinquenais que baleiran o rural,” aseguran.

Demandan desde Por Chantada que os alcaldes da comarca fagan unha fronte común para garantiren a saúde da comunidade educativa e unha atención educativa de calidade que atenda á diversidade e ao sentido común.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...