HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón demanda o desbroce das marxes das...

O PP da Pobra do Brollón demanda o desbroce das marxes das estradas municipais

O Partido Popular da Pobra do Brollón advirte da perigosidade que presentan as vías municipais que este ano non foron rozadas. “Estamos a finais de agosto e aínda están as marxes das estradas municipais sen rozar”, condena o portavoz, Fernando Parada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal Popular demanda ao goberno local a posta en marcha canto antes do dispositivo de desbroce das marxes das estradas municipais que dan acceso aos núcleos de poboación do municipio.

Os populares xa denunciaran esta situación o mes pasado. Parada explica que “son moitos os veciños que nos teñen trasladado as súas queixas polo estado que presentan as pistas invadidas pola maleza”.

O popular advirte de que “a maleza supón problemas para a seguridade dos usuarios porque reduce a visibilidade tanto dos vehículos coma dos peóns”. Ademais, “esta situación ofrece unha mala imaxe do noso municipio”.

O voceiro do PP cre que “o alcalde e o goberno municipal están a desentenderse de coidado das vías municipais que serven de acceso ás vivendas dos veciños e tamén aos puntos de interese turístico coma rutas que se atopan inaccesibles pola falta de desbroce”.

O popular considera, ademais, “unha incongruencia” que o goberno local se dirixa aos veciños para esixirlles a limpeza das súas fincas, pero que o propio Concello non acondicione as marxes das estradas que son da súa titularidade. Nese sentido, Parada cre que “a administración local debería dar exemplo e manter controlada a maleza nnos terreos que son das súa titularidade para contribuír a evitar riscos de incendio.

Estrada sen rozar na Pobra do Brollón / PP da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...