HomePolíticaSegue a preocupación por Misi

Segue a preocupación por Misi

O PP de Monforte úrxelle ao alcalde a solicitar a colaboración de Protección Civil e da unidade de drons na procura do desaparecido o 3 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

Carlos Yáñez Mondelo, Misi, leva moito tempo desaparecido e segue sen haber novas sobre o seu paradoiro. Nesta situación o PP de Monforte pídelle ao alcalde, José Tomé, que solicite a colaboración dos voluntarios de Protección Civil que contan con “formación específica” e da unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Os populares piden tamén ao alcalde que se difunda a información da desaparición de Misi por toda a comunidade, xa que pode non estar no concello. Desde o PP local aplauden a solicitude que o alcalde cursou ante o Consorcio Provincial de Bombeiros requerindo a súa colaboración e poñen en valor o traballo de toda a xente que está a colaborar na busca.

Que se cumpra a Ordenanza Xeral de Protección Medioambiental

Os populares monfortinos pídenlle ao equipo de goberno que cumpra e faga cumprir a Ordenanza Xeral de Protección Medioambiental que esixe manter limpos os solares. Demadan actuacións urxentes en relación á maleza que se acumula en distintos puntos da cidade, tanto nos solares como na contorna dos cursos fluviais, co obxectivo principal de minimizar o risco de incendios.

Entre os casos máis urxentes refírense ao solar nº 83 de Roberto Baamonde, cun inmoble que ardeu hai anos e que na actualidade está cheo de ratas e maleza co risco de incendio que supón para as edificacións lindeiras. Desde o PP aseguran que os veciños teñen feito solicitudes a este respecto ao concello, pero que nunca foron atendidas. E lembra a  portavoz popular, Julia Rodríguez, que a ordenanza municipal medioambiental obriga aos propietarios a manter os solares en condicións de seguranza e ornato público e no caso de non facelo, o concello debe de asumir subsidiariamente as obrigas dos propietarios.

Tamén piden os populares que se requira aos propietarios dos solares nas traseiras da rúa Santa Clara, para que procedan á súa limpeza. E fan un chamamento ao concello a que tome medidas en lugares como o Zapardiel, onde os veciños se queixan da presenza de ratas e maleza que fan insalubre o entorno das súas vivendas.

Maleza solares / PP Monforte

 

 

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...