HomePolíticaO PP de Monforte quere homologar as pistas Saleta Fernández para autorizar...

O PP de Monforte quere homologar as pistas Saleta Fernández para autorizar competicións da Federación

O PP de Monforte defenderá unha iniciativa na próxima sesión plenaria para que o goberno local dea as instrucións necesarias para comezar o procedemento para obter o certificado de homologación das pistas de atletismo do Estadio Municipal da Pinguela, seguindo os trámites estipulados pola Real Federación de Atletismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o PP é necesario que as instalacións teñan o necesario recoñecemento oficial para que os e as atletas poidan adestrar e competir nas mellores condicións.

A portavoz municipal, Katy Varela, lembra que o estadio municipal da Pinguela posúe pistas de atletismo, ás que recentemente se deu o nome da atleta monfortina Saleta Fernández López. Explica que “estas instalacións non están homologadas segundo o esixido pola Real Federación de Atletismo,  polo cal é imposible celebrar nelas competicións, o que prexudica gravemente os intereses deportivos e económicos da cidade”. Varela indica que “a Federación de Atletismo esixe que as instalacións deportivas para este deporte conten cun certificado emitido por este organismo, o cal estipula que condiciones debe cumprir as instalacións para obter ese certificado e así celebrar competicións”.

Os populares consideran que o deporte é fundamental para fomentar o vínculo dos máis novos coa cidade e así fixar poboación. O Partido Popular ve imprescindible unha maior implicación do Concello co deporte da cidade máis aló da concesión de subvencións anuais. Varela di que “o atletismo é unha disciplina que grazas a Saleta Fernández ten bastante repercusión entre os mozos e as mozas da cidade, polo que é fundamental facilitar as competicións homologando as instalacións”. Varela sinala que o Concello conta con remanentes que poden ser investidos en instalacións deportivas, un fin para o que non se dedican.

Por outro lado, os concelleiros populares defenderán no próximo pleno unha moción para que o goberno local inste ao Goberno central  a que  cumprimente todos os trámites necesarios para facer realidade a execución  do tan necesario proxecto de mellora da seguridade vial na N-120, coa implantación de carrís adicionais para adiantamentos entre os PPKK 548+800 e 564+000”

ÚLTIMAS

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...

Espectacular programa para gozar da XXI Feira Medieval de Monforte

A cidade de Monforte amosa xa, coa decoración de rúas, unha expectación previa que...