HomePolíticaIniciativa do BNG de Pantón contra o peche de servizos bancarios no...

Iniciativa do BNG de Pantón contra o peche de servizos bancarios no concello

O BNG de Pantón solicita ao goberno municipal a retirada dos fondos daquelas entidades que non ofrezan atención con persoal no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o BNG de Pantón os plans das entidades financieiras provocan unha caída do dinamismo sociocenómico que require unha resposta pública e municipal. “Levamos máis duna ano cunha continuada redución de servizos bancarios no noso municipio, dende o BNG de Pantón consideramos que é incuestionable o papel socioeconómico destes, e a actual política de recorte de persoal e de horario de atención “persoal” ao público está a conducirnos a peches non desexados e especialmente daniños para municipios coa nosa ideosincrasia”, declaran os nacionalistas de Pantón que cren que actuar agora é importante porque é máis doado reter unha entidade que existe que reabrir o pechado.

Lembran desde o BNG que a actual lei de pagamentos non permite a “vida en normalidade sen utilizar as entidades bancarias, que se ben hoxe son negocios privados non sempre foi así, nomeadamente nas caixas, que foron regaladas ao sector privado e agora non aseguran os servizos mínimos de atención no noso concello”.

O BNG de Pantón agarda que o concello se poña de parte da xente e que non traballe con entidades que non ofrezan servizos suficientes á veciñanza. En canto ao financiamento de caixeiros por parte da Xunta, dende o BNG pantonés asegura que “é inaudito substituír máquinas por persoas con cartos públicos, pero que iso tampouco soluciona o problema que se vislumbra no noso municipio co peche de servizos bancarios.”

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...