HomePolíticaCastiñeira espera que Tomé cumpra os acordos do pleno por iniciativa do...

Castiñeira espera que Tomé cumpra os acordos do pleno por iniciativa do PP

Castiñeira: “Espero que o presidente Tomé cumpra os acordos do pleno por iniciativa do PP e integre a residencia de Sarria na rede provincial e inste ao Goberno a baixar a factura da luz”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP asegura que a sesión plenaria celebrada pola corporación provincial este martes puxo de manifesto que para os grupos que integran o goberno da Deputación (PSOE e BNG) “o máis importante é o uso da institución como ariete fronte á Xunta. Tamén de novo quedou en evidencia que o talante do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, é facilmente mellorable en todo o que ten que ver coa participación da oposición”, afirman os populares, que ao remate do pleno de hoxe amosaban a súa satisfacción porque se lles aprobaran dúas mocións.

Castiñeira explica: “A primeira das nosas mocións aprobadas, coa abstención de socialistas e nacionalistas e os votos a favor do PP, ten por obxectivo instar ao Goberno do Estado a que cambie de estratexia enerxética, para baixar o recibo da luz, tan importante  para as nosas empresas, os nosos veciños e os nosos concellos”.

O portavoz popular destacou que, “por outro lado, aprobamos unha moción na que o PP insta a que a Deputación integre na súa rede a residencia de maiores de Sarria; neste caso o PP votou a favor, o BNG abstívose e votaron en contra os deputados do PSOE”.

Á vista da actitude do presidente da Deputación e dalgún dos comentarios que fixo, Castiñeira sinala: “Esperamos que o señor presidente cumpra o que o pleno lle está establecendo e non como deu a imaxe no día de hoxe no que parece que di que aquí apróbese o que se queira que despois fago eu o que me apetece”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...