HomePolíticaO BNG leva ao Parlamento a dotación de auga e saneamento de...

O BNG leva ao Parlamento a dotación de auga e saneamento de varias parroquias de Pantón

"Negar os servizos só ten unha explicación social: queren pechar as aldeas. A solución é doada e sinxela, hai cartos e recursos suficientes, teñen maioría absoluta no Concello e na Xunta, só teñen que facelo" sentencian os nacionalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2017 o BNG presentara unha moción, que se aprobara por unanimidade, para dotar de rede de traída de augas ás parroquias de Santo Estevo do Mato, San Vicente e Santiago de Castillón. O propio BNG pediría a intermediación da valedora do pobo, quen mandou “cumprir o mandato plenario” e “dotar economicamente unha partida mediante unha desviación de crédito para executar a traída das augas nestas tres parroquias”.

Segundo os nacionalistas, posteriormente, o PP con maioría absoluta tumbou unha nova moción do BNG negándose a dotar de cartos as obras das traídas de augas anteditas. Seguirían porfiando dende do BNG, ata que neste ano 2021 o PP votou a favor unha moción que pedía a auga e o saneamento nestas tres parroquias, pero cada vez falta menos para que remate o ano e os nacionalistas amosan a súa preocupación e agradecen á Deputada do BNG por Lugo, Carme Aira esta iniciativa para dotar de servizos básicos estas tres parroquias do municipio de Pantón onde hai poboación e actividade agrogandeira.

“Cremos que en política a idea ten que ser a de sumar, e construír sinerxias. Promover isto ante o goberno galego que asumiu o slogan “Lexislatura do Rural” é pedirlle que lexisle para as persoas que vivimos nel, xa que o rural non é un ser inerte ou unha masa mórbida, é un espazo que habitamos seres humanos en igualdade de dereito cos demais, pero en inferioridade de oportunidades. Negar os servizos só ten unha explicación social: queren pechar as aldeas. A solución é doada e sinxela, hai cartos e recursos suficientes, teñen maioría absoluta no Concello e na Xunta, só teñen que facelo” sentencian os nacionalistas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...