HomePolítica¿Ministerio e Consellería venden o campo galego?

¿Ministerio e Consellería venden o campo galego?

Segundo avanza o tempo confírmanse os piores temores, tal e como sinala o Sindicato Labrego Galego, pois as propostas para a nova PAC presentadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación "son un absoluto desastre para o noso campo."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo lembra que hai meses que advertiran que Galicia se xogaba moito coas negociacións da PAC e que era incomprensible que os partidos galegos non tivesen isto no centro da súa axenda. A este respecto o SLG achega cifras concretas que exemplifican a discriminación. “A Galiza declara unhas 286.000 hectáreas en pastos permanentes na rexión 403, son 13,5 millóns de euros/ano. Se 100.000 desas hectáreas se consideraran na rexión 503 suporían uns 19,8 millóns de euros/ano, é dicir, só en 100.000 hectáreas, esta situación supón unhas perdas para o noso país de 6,3 millón de euros ao ano,” sinalan.

Desde IGV explican, “unha granxa que teña 20 hectáreas de pasto na Galiza cobraría 3.381,30 euros de axuda básica e redistributiva, mentres que a mesma facenda na mellor rexión de pastos da cornixa cantábrica cobraría 5.183,86 euros.”

Desde IGV aseguran que é habitual que Madrid se esqueza do interior de Galicia e culpan á Consellería de Medio Rural de “venderlle aos urbanitas “aldeas modelo” e outas estafas a cargo do contribuínte como os “plans” para a Ribeira Sacra que non de traducen en nengunha mellora de servizos ou oportunidades para viver aquí.”

IGV asegura que PP e PSOE venden o campo galego e sacrifican sectores inteiros (leite, carne…), que nen teñen prezo xusto nen subvencións, mentres aumentan as exixencias burocráticas e os custos de tramitación.
“Unha política agraria común claramente discriminatoria, que está ao servizo da agroindustria e do latifundio, que seguirán recebendo  cantidades millonarias, ao tempo que abandona a agricultura familiar, a xente moza, penaliza o extensivo e ecolóxico, exclúe modelos diversificados e o viñedo… Unha PAC contra os profesionais da actividade agraria e gandeira, e contra un medio rural vivo.”

Segundo IGV, a PAC debería servir para apoiar o campo e a ordenación xusta do territorio, apoiando as pequenas e medianas explotacións, a incorporación da mocidade e o cooperativismo, a produción de alimentos de calidade, o coidando do medio ambiente e a biodiversidade…

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, en Becerreá, dá os pasos para ser declarada BIC

O Ministerio de Cultura iniciou os trámites este xoves para incluír como Ben de...

Dúas instalacións da Ribeira Sacra, premio de fin de grao da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

Os mellores proxectos defendidos e superados polo alumnado recaeron na súa totalidade en traballos...

O BNG de Pantón pon en cuestión que A Barca sexa de Sober

Os nacionalistas manifestaran xa no seu día, que de contruírse unha ponte, sería importante...

51.000€ para cambiar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e...