HomePolíticaPresentación do libro Por Chantada: V anos avanzando na unidade popular

Presentación do libro Por Chantada: V anos avanzando na unidade popular

A candidatura veciñal Por Chantada presenta este sábado, 30 de outubro, ás 19.00 no Círculo Cultural Recreativo de Chantada, o libro do seu V aniversario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

V anos avanzando na unidade popular recolle textos plurais que abranguen diferentes temáticas e procuran centrarse nas problemáticas presentes e futuras da sociedade e do territorio: desde modelos de xestión para as comunidades de montes en man común ata cuestións de filosofía política, pasando pola nova PAC, o feminismo, o auxe dos populismos, a lingua galega, o acaparamento de terras e a soberanía alimentar, as marcas territoriais o urbanismo e o turismo, o patrimonio, a memoria e a historia, o modelo de coidados…

A nómina de autores mestura a chantadeses e chantadesas con plumas doutras partes do país e enfoques académicos con textos máis divulgativos. Cóntase con con contributos de Ana María Rodríguez, Andrés Vázquez, Carlos Quiroga, Cristina Ouro, Damián Copena, David Rodríguez, Elena Fernández, Paula Vázquez Verao, Rafa Lobelle, Xavier Viana, Xoan Carlos Carreira e Xosé Constenla.

O volume xa pode atoparse físicamente nas librarías Central e Mago de Chantada e tamén en liña na Libraría da Proencia de Sober.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...