HomePolíticaCatro anos sen poder adiantar entre Os Peares e Ourense

Catro anos sen poder adiantar entre Os Peares e Ourense

O PP denuncia que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana leva dende novembro do 2017 redactando o proxecto para a implantación de carrís de adiantamento na N-120 entre Os Peares e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares cren que este “descomunal espazo temporal que ocupa a redacción dun proxecto coma este” responde a “un deliberado abandono por parte do Ministerio á hora de mellorar as comunicacións entre as comarcas de Valdeorras, Lemos e Ourense,  que suporía a sensible redución dos tempos de viaxe”.

Os deputados veñen facendo un seguimento a este proxecto de trazado de implantación de carrís desta estrada nacional que contribuiría a solucionar os problemas que xeran as liñas continuas que impiden os adiantamentos durante máis de 22 quilómetros, entre o Alto da Guítara e Ourense.

Desde que a redacción do proxecto se iniciara en novembro do 2017, durante o Goberno presidido por Mariano Rajoy, os deputados lévanse interesado en varias ocasións polo inicio destas melloras, “Trátase tamén dunha notoria falta de respecto ao noso labor como parlamentarios non dar unha data da finalización dos traballos de redacción dos proxectos”. Inciden, así mesmo, en que “a necesidade da implantación destes carrís é unha demanda unánime por parte da sociedade: automobilistas, transportistas, alcaldes e distintos partidos políticos”.

Os deputados populares seguirán insistindo porque “urxe activar a finalización deste proxecto para que poida someterse a información pública que é paso previo á redacción do proxecto construtivo.”

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...