HomePolíticaRaquel Arias pedirá no Parlamento instar ao Goberno para executar os carrís...

Raquel Arias pedirá no Parlamento instar ao Goberno para executar os carrís de adiantamento na N-120

A deputada por Lugo no Parlamento de Galicia, Raquel Arias, pedirá en dita cámara que a Xunta inste ao Goberno de España a levar a cabo as obras nos carrís de adiantamento da N-120 e active a A-76.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A distancia entre Monforte de Lemos e Ourense pola N-120 é de 46 quilómetros, pero a duración do traxecto é moi superior en tempo. Isto débese, explica a popular, a que entre Os Peares e a capitalidade hai unha liña continua que pode chegar a retrasar a duración da viaxe entre 20 e 25 minutos, superando así en horas de moito tráfico a hora de duración.

Os populares consideran que habilitar os carrís de adiantamento suporía evitar “a perda de competitividade e mesmo problemas demográficos, xa que a interrelación económica e laboral entre as dúas zonas é moi importante”. E é as queixas neste senso chegan tamén dos condutores de ambulancias, ao ser esta a vía que comunica a comarca de O Barco e a cidade.

Lembra Raquel Arias que no goberno de Mariano Rajoy ordeárase a redacción dun proxecto de trazado de implantación de carrís nesta nacional para solucionar os problemas que xeran as liñas continuas e que impiden o adiantamento entre o Alto de Guítara e Ourense, pero dende o cambio de goberno, nada se fixo ao respecto.

A esta parálise súmase que a A-76, que podería ser unha alternativa á 120, está “deliberadamente parada, tal e como se pode comprobar nos Orzamentos para o vindeiro ano e que foron publicados recentemente.”

Raquel Arias pídelle tamén ao alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación, “e que ademais se declara amigo de Pedro Sánchez, que utilice esas influencias para que se faga dunha vez o carril da N-120 e se retome a A-76. Creo que temos que traballar xuntos. Non pode ser que menos de 40 quilómetros leven unha hora segundo o tráfico que haxa. Isto está a provocar que xente que podía vivir en Monforte elixa Ourense ou que empresas lles saia máis barato asentarse na cidade das Burgas por este motivo”, sentencia Raquel Arias.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...