InicioPolítica"O rural non está para brincadeiras", asegura IGV sobre o proxecto de...

“O rural non está para brincadeiras”, asegura IGV sobre o proxecto de orzamentos da Xunta

Interior Galego Vivo valora o proxecto de orzamentos para 2022 da Xunta da Galiza como continuista, "o que para o rural significa afondar na discriminación e na falta de investimentos. Tamén perdemos en servizos públicos, nomeadamente en profesionais do ensino, da sanidade pública, dos coidados..."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Interior Galego Vivo, o proxecto de orzamentos conta con escasos fondos para o rural, “non hai proxectos de calado, non existen liñas transformadoras de cara á integración das axudas europeas para saír dunha estrutura económica cada vez máis dependente e pauperizada.”

Destacan tamén a falta de transparencia anunciando subvencións e investimentos “segundo conveña” e insisten en que o rural non está para “brincadeiras”, co sector primario contra as cordas e as pensións perdendo poder adquisitivo.

Sinalan, entre outros, os seguintes exemplos:

  • Nos servizos sociais, o cofinanciamento para SAF e escolas infantís é cativo e obriga a concellos que perden poboación e recursos a achegaren cada vez proporcionalmente maiores recursos.
  • Non hai política industrial. No capítulo de infraestruturas a Xunta repite un ano máis a partida para os accesos do Porto Seco coa N-120 (750.000 €), sempre sen executar. Segue sen haber un proxecto integral de desenvolvemento industrial para a zona sur, que debe ir parello á modernización ferroviaria e impulso ao taller de Renfe.
  • O Plano de sustentabilidade turística da Ribeira Sacra computa 2.4 millóns de euros, que non chegan a proxectos da mocidade ou investimentos que fixen poboación.
  • O ARI da Ribeira Sacra e as liñas de axuda para todas as reserva de biosfera totalizan 6.4 millóns (fundos Next Generation), que se traducirán na práctica en subvencións das que se beneficiarán axentes externos.
  • Escasa transparencia no desglose territorializado dos recursos.
  • Perdemos médicos e sanitarios e anuncian centros de saúde.
  • Non se contempla nada desglosado para a maior parte dos concellos do interior galego como Laza, Xinzo, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Chantada, Samos, Quiroga, Trives, Vilalba, Sober, Carballedo, Monterroso, Navia de Suarna, Saviñao…

Remata IGV o seu comunicado asegurando que o campo precisa unha fiscalidade rural e a reforma do financiamento local (acordos estatais), e tamén unha Xunta “realmente ao servizo das galegas e galegos que viven, manteñen e producen no medio rural. De momento, non temos nen unha cousa nen a outra.”

ÚLTIMAS

Presentada en Taboada a programación de ‘RaizameS’

Conta atrás para a segunda edición de 'RaizameS' que se celebrará os días 10,...

Certames literarios e teatro para celebrar as Letras Galegas en Quiroga

O Concello de Quiroga ofrece varias actividades estas semanas para conmemorar o Día das...

A Xunta outorga autorización previa a unha planta fotovoltaica con 5.700 placas xunto ao parque eólico de Páramo

A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Consellería de Economía, Industria e...

Morre un motorista tras chocar un coche en Quiroga

Un motorista de 47 anos faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un...