HomePolítica"Tomé e a súa campaña de maquillaxe: asfalta rúas sen abordar saneamento...

“Tomé e a súa campaña de maquillaxe: asfalta rúas sen abordar saneamento e abastecemento”, afirma Katy Varela

Segundo a voceira do Grupo Municipal do PP neste municipio, Katy Varela, isto acontece na rúa Roberto Baamonde, "que está sendo acondicionada pola entidade local de forma superficial, xa que os traballos tan só incluíron o asfaltado, pero non a mellora ou arranxo da canalización para evitar no futuro novas ruturas das tubaxes."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares monfortinos lamentan que o socialista “saque peito sempre que arregla o firme dalgunha rúa, xa que o que debería de facer é unha mellora integral, que inclúa tamén o que hai debaixo do asfalto”, defenden. O mesmo acontece, advirte Varela, co cableado que afea a cidade. “Tomé debería aproveitar estas actuacións para soterrar os cables tamén”, sinala.

Segundo a popular o goberno local non ten un plan ordenado de futuro para Monforte e sinala como exemplo “o colapso rexistrado estes días na rúa Huertas, que se paraliza cada vez que hai unha descarga de gasoil para algún edificio e tamén na rúa Roberto Baamonde.”

“Tomé gasta sen sentido”, critica. É, por este motivo, polo que Katy Varela pídelle unha programación ordenada, de tal xeito que as obras que se fagan “non sexan parches”, senón que teñan durabilidade no tempo.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...