HomePolíticaUn parque para o lecer canino en Monforte, demanda do BNG

Un parque para o lecer canino en Monforte, demanda do BNG

“Foron varias as asociacións que se puxeron en contacto con nós para que solicitaramos a necesidade da creación dun parque canino” declara o Concelleiro do BNG, Emilio J. Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cada vez son máis as familias que contan no seu fogar cunha mascota, na maioría cans, e residentes no centro urbano. “Durante a época de confinamento domiciliario provocado pola pandemia, puxo de manifesto diferentes carencias relativas ós animais domésticos no ámbito urbano, entre elas a necesidade de espazos públicos e de lecer para os cans”, sinalan desde o BNG.

Segundo os nacionalistas trátase de poñer sobre a mesa a convivencia cos animais domésticos nas zonas urbanas. “Monforte como capital da Ribeira Sacra debería ser pioneira na creación de espazos pensados para os cans, nos que estes animais poidan gozar dunha zona de lecer e na que que tamén exista outra que conte con condicións hixiénicas onde poidan facer as súas necesidades,” conclúen desde o BNG.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...