HomePolíticaO Parlamento galego demanda ao Goberno central que mellore a N-120 e...

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que mellore a N-120 e se active a A-76

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, este mércores 29 de decembro, a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se reitera ao Goberno de España a solicitude para que leve a cabo as obras nas infraestruturas comprometidas no sur da provincia de Lugo e o oriente da de Ourense, nomeadamente os carrís de adiantamento na N-120 e a activación da A-76.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada popular, Raquel Arias, lembrou que a estrada N-120 é a única vía de comunicación entre as comarcas orientais de Ourense, a capital desta provincia e a comarca de Lemos. “Diante desta situación, desde o PPdeG temos solicitado en numerosas ocasións, tanto no Congreso como no Parlamento de Galicia, a construción dos carrís de adiantamento na estrada N-120 e da A-76, a autovía pensada para ser alternativa á estrada nacional”, lembrou.

Arias recordou que o Goberno de Mariano Rajoy iniciou en 2017 a redacción dun proxecto para a implementación dun terceiro carril na N-120 entre os quilómetros 548,8 e 564. “Porén, máis de catro anos despois, o Goberno de Pedro Sánchez amosa unha absoluta deixadez e desprezo por esta obra, o que nos parece unha ofensa cara aos veciños das comarcas de Valdeorras, Lemos e Ourense, pero tamén a todos os usuarios desta estrada”, lamentou.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...