HomePolíticaJosé Tomé Roca presenta máis de 600 avais para a súa candidatura...

José Tomé Roca presenta máis de 600 avais para a súa candidatura á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia

O presidente provincial fixo un chamamento á participación neste proceso que concluirá o 30 tras unha campaña que arrincará o día 15, unha vez queden proclamadas oficialmente as candidaturas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, reivindicou a súa “experiencia política”, tanto orgánica como institucional, ao realizar a entrega de máis de 600 avais “de todas as comarcas” para formalizar a súa candidatura a liderar o PSdeG-PSOE lucense.

Tomei acudiu este domingo á sede galega do partido, en Santiago de Compostela, acompañado de dous membros do seu goberno na Deputación, Pilar García Porto e Pablo Rivera. As máis de 600 firmas recollidas supoñen máis do dobre para poder concorrer nestas primarias que se celebrarán o 30 de xaneiro. Á parte de Tomé, xa se postulou o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias.

A información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...