HomePolítica"Cantos de serea" do alcalde de Pantón ao respecto da auga e...

“Cantos de serea” do alcalde de Pantón ao respecto da auga e o saneamento no rural, asegura o BNG

"Levamos anos escoitando ao alcalde dicindo que existe o proxecto de augas para os Castillós e o Mato, e que xa se asina o convenio coa Xunta a semana que vén, e chega a semana e pasa tamén”, denuncian as nacionalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG de Pantón apuntan que levan tempo demandando servizos básicos para a poboación e que teñen acudido a diferentes institucións na procura dos mesmos. Nesta liña, aseguran que tras pedir de novo o Proxecto ao Concello de Pantón, este remitiunos a Augas de Galicia S.A., polo que o pasado mes de outubro o BNG rexistraba no Parlamento galego unhas serie de preguntas, que agora veñen de ter resposta.

A portavoz do BNG en Pantón, RosaAna Prieto Florines, afirma sentirse triste, que non sorprendida, por “constatar a desidida do goberno municipal á hora de servir aos veciños”, e critica eses “cantos de serea que seguen adiando o servizo de traída de augas e saneamento de varias parroquias de Pantón.”

Segundo o BNG, “a falta de vontade política do alcalde de Pantón para acometer estas obras e dotar de servizos básicos a poboación é a única explicación, xa que decidiu investir noutros conceptos como beirarrúas, parques e muros en detrimento dos servizos básicos, o cal só provoca un retraso continuado da posta en marcha destes servizos”.

“Non podemos esquecer que é obriga legal do concello (art. 26.1. 7/1985 TRLBRL) dotar de traída de augas e rede de sumidoiros a todos os veciños”, explica a portavoz do BNG en Pantón. Para o BNG é prioritario dotar de servizos básicos a toda a poboación, “pero aínda debe estar en fase de estudo o goberno municipal”, bromea Prieto Florines, quen lembra que o Bloque defende a planificación plurianual, transparente e pública, para dotar de servizos a toda a xente que habite o territorio municipal, “viva onde viva”.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...