HomePolíticaO BNG recolle en Sarria firmas para reclamar un tren digno para...

O BNG recolle en Sarria firmas para reclamar un tren digno para a comarca

O voceiro municipal Efrén Castro explicou que “os escasos servizos que se ofrecen fan que o tren resulte inservible para a veciñanza”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG recolleu este venres, pola tarde en Sarria, sinaturas para reclamar un tren digno para a comarca. Dando continuidade á campaña Queremos tren que están a desenvolver en toda Galiza para demandar a mellora dos servizos ferroviarios, especialmente no interior do país, a formación nacionalista recadou firmas nun posto instalado na rúa Calvo Sotelo, onde estiveron o voceiro municipal e deputado provincial, Efrén Castro, e a deputada parlamentaria, Olalla Rodil, entre outros representantes do BNG local.

Olalla Rodil sinalou a necesidade de sumar este apoio social para reclamar ao goberno do Estado “a mellora do sistema ferroviario galego, cun servizo de proximidade que vertebre o territorio e cohesione a sociedade galega” algo que, concluíu,  coa supresión de frecuencias e o deterioro dos servizo está hoxe moi lonxe.

Nesta liña, Efrén Castro apuntou que  “a estación quedou case unicamente para os peregrinos e peregrinas que comezan aquí o Camiño de Santiago” xa que, explicou, “os escasos servizos que se ofrecen fan que o tren resulte inservible para que os veciños e veciños da comarca se comuniquen co resto do país ”

ÚLTIMAS

“A historia vaxenial”, este 12 de marzo no Multiusos de Monforte

A proposta, organizada polo Concello de Monforte, enmárcase na programación da Rede de Teatros...

Cupóns da ONCE dedicados á olería de Gundivós

A olería tradicional de Gundivós será protagonista nos cupóns da ONCE do sorteo do...

‘Fóra Stocks Monforte’, grandes oportunidades e 500 € en premios

Esta fin de semana, 14 e 15 de marzo, terá lugar unha nova acción...

O BNG acusa á Xunta de non restaurar as zonas queimadas en Pantón tras os incendios de 2025

O deputado do BNG Iago Suárez denunciou este mércores no Parlamento galego que a...