HomeTerra de LemosPantónO BNG reproba o anuncio "propagandístico" dun 3º médico para o centro...

O BNG reproba o anuncio “propagandístico” dun 3º médico para o centro de saúde de Pantón

Carme Aira afea o compromiso por coincidir coa proposta do Bloque hoxe no Parlamento: “mentres non se materialice, é un médico de nota de prensa”.

Publicado o

- Advertisement -

A deputada nacionalista Carme Aira vén de recriminarlle á Xunta no Parlamento galego o anuncio realizado sobre a cobertura estable da terceira praza de médica no centro de saúde de Pantón. Segundo traslada o bloque nacionalista, a Xunta fixo o anuncio “dun modo oportunista, efectista e propagandístico”, pois “curiosamente” anunciouno no día de hoxe, cando se debate unha iniciativa do BNG na que se insta ao Goberno galego a repoñer a totalidade do persoal facultativo do centro.

“Vese que médicas e médicos hai, o que pasa é que o Sergas espera a que se traian ao Parlamento iniciativas deste tipo para inactivalas prometendo estabilidades para as e os profesionais e para atención sanitaria, aínda que nesa nota de prensa se subliña que será realidade nas vindeiras semanas”, reprochou, para advertir a continuación das promesas realizadas previamente en numerosas ocasións polo Goberno do PP e que foron incumpridas.

“Mentres non se materialice esta decisión e o ou a facultativa estea desenvolvendo o seu labor no centro de saúde, este é un médico de nota de prensa”, concluíu con severidade do anuncio que, ao seu xuízo, “é para deixar tranquilo ao alcalde, que andaba algo atribulado con este tema, e veremos en que remata esta promesa” e que, segundo recalcou tamén, “non invalida por tanto a iniciativa parlamentaria do BNG”, que foi aprobada finalmente por unanimidade na Cámara galega.

ÚLTIMAS

O Fogar dos Soños, Ensácrate e Viñalert, gañadores do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Este pasado sábado tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos a XI edición...

Monforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun ‘roadshow’ con información e actividades na Explanada da Compañía

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana unha interesante actividade que axudará a...

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...