HomePolíticaQue as empresas madeireiras arranxen as estrada que danan, demanda do PSOE...

Que as empresas madeireiras arranxen as estrada que danan, demanda do PSOE de Chantada

O grupo socialista chantadino leva ó pleno deste xoves, 10 de xaneiro, unha moción para tratar os danos en vías municipais causados pola explotación forestal. Con esta proposta, o PSOE recolle a alarma que a veciñanza traslada polo estado no que quedaron algunhas vías despois de que se levaran a cabo traballos de corta e recollida de madeira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maquinaria pesada que se emprega nestes traballos de recollida de madeira deteriora as vías, unha situación que está a causar malestar entre a veciñanza que as utiliza diariamente, “xa que moitas quedan impracticables”, co conseguinte risco de accidente.

“Consideramos de vital importancia facer canto estea nas nosas mans para manter as infraestruturas de xeito que garanticen os servizos e que estas situacións causadas pola explotación madeireira se eviten e se corrixan”, puntualiza a voceira do PSdeG-PSOE de Chantada, Raquel López.

Existen xa leis que regulan estas problemáticas. A Lei de Estradas de Galicia do 2013 recolle que “a administración titular da estrada procederá, sen máis trámites e con cargo á persoa causante, á execución das medidas necesarias para a reparación dos danos producidos”.

A voceira do grupo socialista chantadino, Raquel López, explica que no pleno pedirán “elaborar unha ordenanza que regule as condicións nas que se produza a actividade madeireira nas estradas de titularidade do Concello de Chantada, estudando a posibilidade de esixir ás empresas madeireiras a constitución de fianzas”.

Para iso, o PSdeG-PSOE de Chantada proporá no pleno levar a cabo un estudo pormenorizado dos casos nos que a explotación madeireira está a ocasionar danos ou desperfectos nos viais de titularidade do Concello e esixir, así mesmo, a súa reparación ás empresas responsables.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...