HomePolítica300 sinaturas recollidas en San Clodio para recuperar as frecuencias ferroviarias

300 sinaturas recollidas en San Clodio para recuperar as frecuencias ferroviarias

O BNG lugo Sul fai balance da súa recollida de sinaturas e anuncia que este día 23 para conmemorar o Día de Rosalía farán unha ofrenda floral en Chantada. Será ás 17:30h, na Praza de Rosalía de Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado luns, día 21 de febreiro, O BNG Lugo Sul comezou unha campaña de recollida de sinaturas para acabar coa continua supresión de trens na estación de San Clodio, un servizo que cubría as necesidades da poboación das comarcas de Courel e Caldelas e mesmo do Val de Lemos.

O acto de protesta, desenvolvido ao longo da mañá, contou co apoio dunhas 300 persoas asinantes, demostrando deste xeito o rexeitamento que as medidas tomadas por RENFE provocan entre a veciñanza.

Recollida de sinaturas en San Clodio. Foto: BNG Lugo-Sul

Ante a boa acollida da iniciativa, desde o Bloque Nacionalista Galego en Lugo Sul, anuncian que continuarán coa campaña de recollida de sinaturas, polo que o vindeiro domingo, día 27, estarán toda a mañá en Quiroga. Habilitan tamén os medios técnicos precisos para que se poida asinar por internet.

ÚLTIMAS

A CIG Saúde denuncia a amortización dunha praza no servizo de Dixestivo do Hospital de Monforte

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia a amortización dunha praza...

Paso peonil provisional nas obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Padre Feijoo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta das xestións realizadas ante a...

O Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

O Consello de Ministros aprobou o martes 27 de outubro declarar a 45 territorios,...

Raquel Arias, regresa ao IES Río Cabe para compartir as súas experiencias profesionais

Durante a súa intervención, Raquel Arias fixo un percorrido pola súa traxectoria vital, desde...