HomePolíticaO BNG urxe á Xunta a iniciar as obras da traída de...

O BNG urxe á Xunta a iniciar as obras da traída de augas e saneamento a tres parroquias de Pantón

A deputada do BNG, Carme Aira, a través dunha pregunta parlamentaria, urxiu ao goberno dotar de traída de augas e saneamento as parroquias de Santo Estevo do Mato e San Vicente e Santiago de Castillón, no concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A parlamentaria explicou que garantir o subministro de auga á poboación e fornecer o saneamento dos núcleos é unha competencia municipal e lembrou que a Xunta de Galicia anunciou numerosos convenios e inxección de fondos públicos para as traídas e saneamentos en moitos concellos, a través de Augas de Galicia.

Lembran que o BNG presentaba varias iniciativas a este respecto no concello, entre elas unha moción sobre un plan de desenvolvemento de redes de saneamento e traída de augas municipal, co establecemento dun cronograma de actuacións por territorios que non só melloraría a vida da veciñanza senón que tamén protexería as augas termais do concello, “patrimonio de  altísimo valor histórico, natural e fonte de riqueza” que contribúe á dinamización turística e económica do concello polo que volveu a preguntar se a Xunta, a través de Augas de Galicia, ten previsto resolver a falta de auga corrente potable e en que prazos”.

Pola súa parte, a Directora Xeral de Augas de Galicia, Teresa Guitiérrez confirmou  que as obras da traída de auga para as parroquias mencionadas pola deputada do BNG, serán iniciadas neste mesmo ano e cun prazo de execución de seis meses e cunha previsión de remate no ano 2023. A deputada do BNG reiterou que no concello de Pantón “urxe a depuración das augas polo seu enclave na Ribeira Sacra pero sobre todo para dar unha resposta ás persoas afectadas” e amosou a súa confianza no cumprimento do anuncio da directora de Augas de Galicia.

Carme Aira insistiu na necesidade dunha verdadeira colaboración entre as diferentes administracións, “No nome da veciñanza desas tres parroquias, dende o BNG  urximos ao goberno a iniciar as obras sen dilación”, concluíu.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...