HomePolíticaMobilizacións para paralizar a ampliación da OU-0509 en San Pedro de Rocas

Mobilizacións para paralizar a ampliación da OU-0509 en San Pedro de Rocas

A cidadanía autoorganizada está facendo quendas para evitar o "atentado" que a Deputación de Ourense quere executar na contorna de San Pedro de Rocas. Este domingo hai unha semana, unhas 300 persoas participaron nunha marcha organizada por SOS Ourense e a Fundación Moreiras San Pedro de Rocas. Este sábado, día 12, facíase o propio ás portas da Deputación-Bispado de Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación Moreiras leva tempo advertindo que a ampliación provocaría danos irreparables neste conxunto declarado BIC en 1999, protección ampliada no 2018 como parte do BIC Ribeira Sacra, na categoría de paisaxe cultural, que ampliou a superficie de protección ao redor da igrexa ata as 100 hectáreas. A isto cómpre engadir a declaración pola UNESCO da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, “que non se pode xebrar de San Pedro de Rocas como elemento basilar da inventio da Ribeira Sacra”, sinalan desde IGV.

Segundo Interior Galego Vivo “esta agresión ao territorio ten por tras unha concepción moi concreta: ampliar as vías para receber inxentes fluxos turísticos masificados, que desfiguren o territorio e que levaría por diante centos de árbores e tocaría ao couto do mosterior de valor incalculábel”

“A Deputación de Ourense, así como a Xunta da Galiza, deberán reflexionar se as figuras de protección que están lanzando de costas aos moradores e cultivadores do territorio teñen algunha credibilidade no tocante a protección ou se se trata únicamente de configurar marcas territoriais para procesos de acumulación e espolio”, enganden.

San Pedro de Rocas / unedourense.es

Desde Interior Galego Vivo solicitan por medio dun escrito á Deputación de Ourense a paralización inmediata do proxecto e a aprobación dun plan reitor para San Pedro de Rocas desenvolvido por unha equipa interdisciplinar; e, por outro lado, levan unha moción á Corporación do Concello de Esgos e aos grupos nela representados na que propoñen:

  • Dirixirse á Deputación de Ourense para solicitar a paralización inmediata e retirada do proxecto de ampliación da OU-0509.
  • O Concello de Esgos propón ao ente provincial nomear unha comisión interdisciplinar, con presenza da sociedade civil, para elaborar e facer o seguimento dun plano director para o conxunto de San Pedro de Rocas, revisábel anualmente.
  • O Concello de Esgos remite este acordo ao organismo ICOMOS perante o que se está tramitando a Candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra para que faga as achegas e consideracións, de ser o caso, que estime oportunas.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...