HomePolíticaO BNG de Monforte solicita mellorar o tránsito peonil nos pasos de...

O BNG de Monforte solicita mellorar o tránsito peonil nos pasos de ferrocarril en Piñeira

Segundo o voceiro nacionalista, Emilio Sánchez, estes pasos son un perigo para os peóns e non se adaptan á normativa vixente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os dous pasos inferiores do ferrocarril na parroquia de Piñeira, situados na estrada LU-P-321 e no enlace da N120a, respectivamente, na actualidade están dotados dunha soa beirarrúa, protexida por unha varanda metálica. Segundo o BNG estas beirarrúas incumpren a lexislación vixente no relativo ás barreiras arquitectónicas; é dicir, o espazo entre o muro de formigón e as varandas, nalgún caso, non chega aos 50 cm.

Aseguran que nas últimas datas son moitos os usuarios que lles teñen manifestado os inconvenientes que isto ocasiona, nomeadamente, persoas maiores, carriños de nenos, etc. Lembran desde o BNG que é obriga das institucións públicas, a eliminación das barreiras arquitectónicas en aras da igualdade de toda a veciñanza.

Así o BNG demanda que o goberno municipal se dirixa ao ADIF, para que corrixa as deficiencias sinaladas e que se envíe copia da correspondente reclamación aos grupos municipais.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...