HomePolíticaO BNG de Chantada demanda un PXOM para acabar coas revisións catastrais

O BNG de Chantada demanda un PXOM para acabar coas revisións catastrais

Abondan os nacionalistas en que un plan de urbanismo ben feito, "e realizado dende aquí, poderá recoñecer realidades, nomeadamente no rural, que non contempla a lexislación estatal e non cometer erros como confundir un couto cun couto".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Chantada presentou por rexistro unha petición para que o goberno municipal promova a redacción e aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal para “acabar dunha vez por todas coas continuas revisións que utilizan para elevar os valores e imputar aos suxeitos pasivos os erros históricos dun organismo que nunca tivo en conta nin
as peculiaridades dos núcleos galegos, nin as deficiencias, nin o dereito
consuetudinario galego, o que leva sempre a pagar e, lonxe de subsanar a situación, emprega medidas coercitivas que obrigan ao pagamento ao titular catastral sexa cal for a realidade.”

O responsable Local do BNG Manuel Moure, cre que “unha vez analizada a resposta do goberno de España, que sinala o desenvolvemento dun PXOM como vía para a solución dos continuos procesos que levan afectado ao concello nos últimos anos, parece razoable que o goberno municipal, cunha maioría absoluta, poda sacar perfectamente adiante un PXOM que pare a sangría económica que sofren os titulares catastrais no municipio, máis se cadra non actual contexto socioeconómico”.

“Non deixa de ser un problema creado polas administracións que nos repercuten aos administrados, e se non se renova a Ponencia de Valores municipal, e seguimos sen PXOM, somos susceptibles de volver
sufrir máis procesos”, insisten os nacionalistas, que lle lembran ao Goberno Local que “estamos no momento idóneo para baixar o coeficiente dos IBIS das explotacións gandeiras e das vivendas habituais, xa que toda axuda é pouca na actualidade”, din.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...