HomePolíticaO BNG de Sarria critica ao alcalde "por presentar un goberno en...

O BNG de Sarria critica ao alcalde “por presentar un goberno en minoría un orzamento sen negociar”

Dende o BNG de Sarria consideran que a decisión da alcaldía de presentar uns orzamentos sen negociar con ningún grupo da oposición é unha aptitude prepotente por parte do alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, ten acusado á oposición de irresponsable por non colaborar co goberno. Desde o BNG aseguran que iso non é verdade e que apoian tódalas iniciativas do goberno que consideran positivas para Sarria.

Nesta semana vense de celebrar a comisión especial de contas, e nela o voceiro do BNG, Efrén Castro, interpelou ao alcalde “pola falla de talante democrático por presentar un goberno en minoría un orzamento sen negociar.” Ante esta interpelación o señor Garrido aludiu a falta de vontade para negociar ao no ter colaborado noutras propostas feitas polo goberno.

O portavoz do BNG declarou “o señor Garrido minte cando di que o BNG non tivo vontade de negociar, xa que dende a nosa formación sempre tivemos a man tendida para negociar, o que parece haber detrás destas declaracións do Alcalde é enfado por non permitirlle subir os impostos nunha situación de crise inflacionista histórica.”

Así mesmo afirmou “preséntansenos unhas contas que tratan de endebedar ao Concello sen negociar, e que esquecen proxectos importantes para o concello como investimento en dotacións culturais, non aparece a dotación para a RPT que está a negociar cos traballadores, ou deixa unha vez máis sen financiamento o taller de alzheimer que impartía a cruz vermella,…”

Desde o BNG aseguran que, “estamos sempre para traballar por Sarria, pero aptitudes prepotentes e antidemocráticas como as do alcalde dificultan moito chegar a acordos cun goberno en minoría que non asume a condición que lle outorgaron as urnas.” E conclúen, “que se van debater os orzamentos, nun pleno extraordinario que segundo o alcalde será a volta de semana santa en horario matinal, dificultando a asistencia a pleno de tódolos edís que traballan en empresa privada”.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...