HomePolíticaEsperta Monforte preguntará no pleno pola caída de tellas na igrexa de...

Esperta Monforte preguntará no pleno pola caída de tellas na igrexa de San Vicente

EspertaMonforte! tamén leva a pleno un rogo para arranxar o rexistro da rúa San Pedro e evitar así tropezos e caidas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

EspertaMonforte! leva ao pleno deste luns, entre outras propostas, un rogo e unha pregunta. Na pregunta refírense a que despois das obras de rehabilitación da igrexa de San Vicente e despois de varios vendavais levantáronse as tellas da cuberta “principalmente na parte oeste do tellado e tamén en parte do tellado do mosteiro. Como consecuencia disto caen habitualmente tellas sobre a calzada co perigo de alcanzar a algunha persoa”, sinalan.

EspertaMonforte! considera unha irresponsabilidade que nin o Concello nin o Parador teñan tomado ningunha medida, nin avisen do perigo existente para quen ande pola zona.

Preguntan, polo tanto que medidas se van a tomar desde o concello para evitar as caídas de tellas e que poidan alcanzar a viandantes e que medidas se van a tomar para reparar o tellado canto antes.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...