HomePolíticaO BNG reclama no Parlamento o terceiro médico para Pantón

O BNG reclama no Parlamento o terceiro médico para Pantón

O grupo parlamentario do BNG rexistra unha pregunta reclamándolle ao goberno da Xunta que acate o mandato do parlamento e dote ao concello de Pantón do terceiro profesional médico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 3 de febreiro o BNG levaba á Comisión 5ª do Parlamento galego unha proposición non de lei para que o concello de Pantón contara con todos os servizos sanitarios que precisa en igualdade de condicións con calquera usuaria/o de calquera outro lugar. Esta proposición saíu aprobada por unanimidade.

A pasada semana, o SERGAS emitiu un comunicado público no que dicía que nunhas semanas resolverían a situación coa contratación dun terceiro profesional para garantir que houbera 3 profesionais médicos a diario ao longo da semana. “Pasaron máis de 10 semanas e a atención en Pantón sigue a ser a tempo parcial, de feito, dende o propio SERGAS estase animando ás usuarias e usuarios a cambiarse de médico para, parece ser, xustificar a supresión desa terceira praza,” aseguran desde o BNG e califícano de falta de respecto da consellería cara o pobo de Pantón.

“Poderiamos repetir outra vez o argumentario xa esgrimido, segue a ser perfectamente certo, desgrazadamente a resposta da consellería vai ser a mesma, mentres o Partido Popular queda ben votando si á iniciativa, coa seguridade que dende a consellería nada se vai facer. Desta maneira, os servizos á poboación, como en tantos outros casos, quedan en último lugar”, conclúen.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...