HomePolítica"Acoso e derribo por parte de Tomé á hostalaría de Monforte", denuncian...

“Acoso e derribo por parte de Tomé á hostalaría de Monforte”, denuncian os populares

Os populares instan ao alcalde a facilitar, dentro do cumprimento dos requisitos esixibles, a ampliación das terrazas dos locais de hostalería de Monforte.

Publicado o

POR
Redaccción
- Advertisement -

A portavoz do PP, Katy Varela, anuncia que presentarán unha iniciativa na próxima sesión plenaria para instar ao goberno local a prestar un maior apoio aos hostaleiros nesta tempada de verán. Igualmente, pedirán a Tomé e ao seu equipo que rectifiquen “en canto ao mobiliario urbano recentemente instalado na Compañía, que non só afea a imaxe da cidade e impide ao hostaleiro gozar do espazo, se non que irrita aos propietarios das casas, pois nalgunha nin sequera respecta as normas de accesibilidade”.

Varela destaca que, cando a hostalería estaba máis afectada polas restricións impostas polas medidas para loitar contra a Covid, “o goberno local comezou a limitar aínda máis o uso do espazo público dalgunhas cafeterías que non vulneraban ningunha norma de accesibilidade nin de seguridade peonil e viaria. Así sucedeu cunha cafetería da Compañía; a arbitraria decisión municipal de limitar a terraza terminou no xulgado e o litixio gañouno o hostaleiro”. Varela destaca que, pese a esa sentenza, “o goberno local decidiu continuar coa súa arbitraria limitación da ocupación do espazo publico para as terrazas, sen pasar por unha adecuada modificación da ordenanza, instalando elementos que impiden o uso do espazo e ademais prexudicando ás vivendas lindeiras”.

Os populares destacan que é preciso respectar os pasos peonís así como as normas de accesibilidade, pero insisten en que “é necesario axudar a hostalería e non poñerlle a soga ao pescozo”. Varela sinala que especialmente na primavera e no verán é necesario que o sector poida aproveitar ao máximo o espazo público permitido, sempre respectando á accesibilidade e os pasos peonís.

Katy Varela di que “é unha auténtica irresponsabilidade limitar o espazo público por capricho e non proceder a unha modificación regulamentaria ben motivada”. A portavoz popular lembra que, “nun estado democrático e de dereito como no que estamos, as decisións da Administración deben estar sempre motivadas, algo do que se esquece o alcalde de Monforte.”

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...