HomePolítica26 de maio de concentración silenciosa no Courel contra o illamento tecnolóxico

26 de maio de concentración silenciosa no Courel contra o illamento tecnolóxico

Desde o BNG do Courel, e baixo o lema “Non ao illamento tecnolóxico do Courel. Por un rural conectado”, convocan a toda a veciñanza a unha concentración diante da Casa do Concello de Folgoso do Courel, o vindeiro xoves 26 de maio ás 12:00 h. Ao acto asistirá a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira Díaz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A falta de investimentos en tecnoloxía no rural galego, tanto por parte das administracións públicas como polo sector privado, é unha realidade que se vai constatando ano tras ano “sen que se poida ver un mínimo sinal de que esta situación, esta absoluta falta de interese, vaia rematar”, matizan os nacionalistas.

“Moi ao contrario, hai apenas uns meses, unha compañía de telecomunicacións anunciaba que deixaría de prestar servizo pola rede de cobre ao concello de Folgoso do Courel, o que implicaría que, na práctica, o municipio quedaría sen apenas servizo de telefonía nin internet, xa que a rede de fibra óptica é anecdótica”, sinalan desde o BNG. Ao que engaden que hai escasas semanas, unha avaría deixou sen comunicación telefónica nin internet ao municipio.

Desde o Bloque Nacionalista Galego en Folgoso do Courel, consideran que non se pode seguir sendo indiferente “ante este muro tecnolóxico levantado tanto polas administracións públicas como polo sector privado, que separa ao rural galego en xeral, do resto do mundo”. Con estas condicións consideran que é imposible que se asente nova poboación no rural, e moito menos empresas que fagan atractivos estes territorios.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...