HomePolíticaO BNG de Monforte leva a pleno a mellora da rede de...

O BNG de Monforte leva a pleno a mellora da rede de abastecemento de auga

As reiteradas avarías que se producen nas tubaxes do abastecemento de auga potable en Monforte, poñen de manifesto o deterioro da rede dun servizo fundamental para a cidadanía, sinalan os nacionalistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas últimas datas veñen de producirse varias avarías nos mesmos puntos (zona mercado gandeiro, estrada de Reigada, Rúa escultor Francisco Moure). Desde o BNG, consideran que a orixe destes continuos cortes e faltas de presión, están motivados polo obsoleto do sistema de tubaxes, “moitas delas aínda de fibrocemento, incapaces de soportar unha presión axeitada aos requirimentos das necesidades actuais do servizo.”

En palabras do portavoz municipal do BNG, Emilio Sánchez, “non se pode permitir que cada dúas por tres, en pleno século XXI, teñamos un corte de auga na cidade”.

“Cando se fala de mellorar servizos, non se debería limitar a un simple asfaltado, algo que lucirá moito pero, no fondo, non fai máis que esconder un problema realmente estrutural, como é o pésimo estado do sistema de abastecemento de auga pública, un servizo básico”, comenta o portavoz nacionalista.

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...