HomePolíticaO BNG propón recuperar terras agrarias do Val de Lemos para a...

O BNG propón recuperar terras agrarias do Val de Lemos para a produción de cereal

A través dunha pregunta parlamentaria, a deputada do BNG, Carme Aira propuxo recuperar as terras agrarias do Val de Lemos, para "convertelo nunha zona de produto de cereal" e ante as consecuencias da crise económica, a deputada apelou a tomar medidas urxentes para impulsar a "soberanía alimentaria e a independencia produtiva".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Superficie Agraria Útil (SAU) en Galiza reduciuse dende o ao 2013 ao 2016 en 34.000ha, a “metade do perdido no conxunto do Estado” ao que sumou a exclusión das terras ante a falta de relevo xeracional ou  que “quedan a monte ou se forestan”.

Das 621.000 ha agrarias que o INE lle computa a Galiza, case 200.000 corresponden ás granxas de leite, que teñen de media unhas 20ha,  “moi lonxe da media europea” e das 6.500 granxas galegas de vacún de leite con 320.000 vacas se concentran no 7,4% do territorio unhas 200.000ha. Resulta evidente, dixo, que a escaseza de SAU provoca unha situación de necesidade alimentar “insuficiente” que nos obriga a  importar  “3 millóns de TM de cereais e oleaxinosas para a fabricación dos concentrados, sobre todo destinados á alimentación animal nas fábricas de piensos, tanto para rumiantes como para o resto de animais” e concretamente de  Ucraína importamos  arredor do 23%.

Pero xa antes da guerra estaba subindo o prezo polo encarecemento dos carburantes e a escaseza de contedores para o seu transporte polo que a finais do ano pasado a situación era preocupante. A primeiros de ano, antes da guerra, produtos como a soia, o millo ou a cebada incrementaron o seu prezo  nun 25%.

Carme Aira engadiu que esta situación comprometeu  a alimentación dos animais pola dificultade de conseguir cereal, “exixencias da PAC,  cambio de subministradores, ou a carestía provocada pola escaseza”. Estamos polo tanto, afirmou, “nun momento óptimo para poñer en marcha medidas cara a independencia produtiva e maior grao de soberanía alimentar”.

Na provincia de Lugo, lembrou  a nacionalista, temos un caso claro no “Val de Lemos” que está abandonado, deteriorado, forestado e cunha baixa porcentaxe de aproveitamento, para o seu abastecemento de auga para consumo humano e de regadío  construído nos anos 60 co encoro de Vilasouto.

A nacionalista defendeu a “potencialidade” da zona para producir miles de toneladas de trigo, millo gran e millo forraxeiro, aínda que o aconsellable é aspirar a poñer en produción as 5.500Ha, pero moi probablemente isto tería que ser progresivo e dentro dun Plan global para recuperar as zonas con gran aptitude cerealista cun “proxecto piloto no Val de Lemos” mentres non se desenvolve o plan global, na actualidade “en vía morta”.

A xuízo da deputada, resultaría unha “irresponsabilidade” por parte do Goberno galego  deixar esta infraestrutura en mal estado, perdendo un gran número de metros cúbicos de auga, mentres as agricultoras precisando auga non a usan porque  non poden pagala ou ben polo propio deterioro  destas  infraestruturas e a perda de caudal. “Non   podemos perder máis tempo” cando temos todo ao favor para enfrontarnos a outra crise, neste caso a provocada polo cambio climático.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...