InicioPolíticaCarme Aira pregunta no Parlamento, despois de visitar Amandi, polas medidas para...

Carme Aira pregunta no Parlamento, despois de visitar Amandi, polas medidas para afrontar os danos da tormenta

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira e a Responsábel Comarcal Rosana Prieto, visitaroron a ribeira de Amandi, unha zona moi afectada pola intensa tormenta do pasado domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Víronse afectados arredor do 70% dos viñedos. Parte das viñas afectadas son pequenas e pertencen a viticultores particulares que producen para o autoconsumo, outras son de adegas. A nacionalista asegura, “semella que o dano ás vides non foi tan importante como no aconteceu no 2021 na Ribeira de Chantada, xa que a planta quedou preservada, pero a produción vaise ver indefectiblemente afectada, dado que afectou ao cuallado da flor e o acio vaise ver afectado pola dinámica de autorecuperación da planta e porque queda sen a protección foliar. Agora, para preservar a viña de máis danos”.

Unha vez máis, aseguran desde o BNG, a falta doutras medidas, son os viticultores/as os que se deben enfrontar sós ás labores de recuperar os danos nas vides e asumir a mingua da colleita de seren afectadas vides xa florecidas. “Para a súa recuperación é preciso contar cos seguros agrarios que cubran estas inclemencias, porque de non ser o caso, pode precarizar aínda máis a xa dura economía das pequenas adegas. Neste punto, parece procedente que a Consellaría de medio rural se implique fondamente, dado que o cultivo vitícola na Ribeira Sacra vai moito máis aló do que aporte á economía de Galiza ou da zona”, sinalan.

A deputada do BNG pola provincia de Lugo, presentou unha serie de preguntas ao goberno da Xunta:

  • Vai a consellaría de medio rural actuar desta volta avaliando os danos
    causados pola saraiba caída na Ribeira da Ribeira de Amandi este 29 de maio?
  • Considera que a viticultura na Ribeira Sacra é imprescindible para o
    mantemento do tecido socioeconómico nesta zona?
  • Son conscientes de que se non fora polos viticultores da zona non se podería manter a paisaxe, elemento fundamental na candidatura a patrimonio da humanidade?
  • Debería o goberno da Xunta establecer un plan de apoio por danos
    meteorolóxicos á produción vitícola particular e adegueira, dentro e fóra daDO?
  • Son coñecedores vostedes do número de viticultores que subscriben un seguro agrario e, os que non o contratan, por que non o fan?

Ao mesmo tempo, insta ao goberno da Xunta de Galiza a:

O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta de Galiza a actuar, de xeito global, en apoio a todas as persoas produtoras de viño, afectadas pola saraiba caída o 29 de maio de 2022. Do mesmo modo, actuarase en todos os seguintes casos e lugares que durante este verán se poidan dar. Esta actuación consistiría en facilitar unha valoración técnica e profesional dos danos, asesoramento no tratamento e establecemento das axudas que permitan superar do xeito menos gravoso posible todas as actuacións e tratamentos que percisarán estas viñas ou outras que se puideran ver afectadas

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...