HomesociedadePreséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

O Cuartel Vello de Taboada acolleu a primeira xornada informativa de presentación do proxecto Turismo de Encoros de España, Turembalses. Unha iniciativa mediante a cal a institución provincial recibirá 127.500€ de fondos europeos para crear unha experiencia turística en torno a estas infrarestruturas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo, dunha análise da oferta e da demanda innovadora no noso país; e unha alternativa ao turismo azul diferente á costa”, explicou a deputada, Pilar García Porto, que estivo acompañada do allcalde do municipio, Roi Rigueira Agromartín, unha representante do proxecto a nivel nacional e persoas vencelladas ao turismo e ao desenvolvemento rural en Taboada e a súa contorna.

A responsable provincial destacou que “na Deputación de Lugo sabemos que a nosa provincia conta cun gran número de encoros e recursos fluviais que, ademais de ser paisaxes naturais de gran beleza, tamén son un patrimonio cultural e histórico moi importante”.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu á xornada informativa do Centro do Viño da Ribeira Sacra, que inaugurou a concelleira, Gloria Prada; e o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, introduciu as cuestións claves deste proxecto no local social do concello de Negueira de Muñiz.

O obxectivo destas sesións é que os axentes interesados coñezan de primeira man as características do proxecto, obxectivos e destinatarios; como formar parte do proxecto e as oportunidades de formación, asesoramento e promoción para entidades ou empresas.

Xornada encoros / Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...