HomePolíticaPor Chantada demanda políticas de conciliación e campamentos do "século XXI"

Por Chantada demanda políticas de conciliación e campamentos do “século XXI”

Por Chantada lamenta que o Goberno municipal non desenvolva políticas de conciliación axeitadas. Por exemplo, nos campamentos de verán consideran que non é de recibo que comecen o 4 de xullo, cando a escola remata dúas semanas antes, ou que teñan horario de oficina (de dez a dúas).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Por Chantada o que dá a ver a xestión municipal é “unha improvisación permanente que se vai tapando aínda por riba a golpe de talonario ou tirando do tecido viciñal e asociativo máis sen iniciativa propia nen planificación.”

Lembran que o ano pasado as familias non puideron facer unha planificación axeitada porque os campamentos organizáronse tarde, e chegouse a facer unha recollida de sinaturas por este motivo. “Este ano a previsión temporal mellorou algo, mais son claramente insuficientes por datas e horarios e agardemos que as prazas dispoñíbeis se amplíen e sexan suficientes, así como calidade do servizo.”

Por Chantada asegura ter defendido diversas iniciativas no Pleno para desenvolver políticas de conciliación axeitadas, desde a ampliación da Galiña Azul ata a proposta dun Plano Madruga análogo ao existente noutros concellos. “O Goberno municipal, cuxos integrantes prefiren atender ao móbil ca escoitar as nosas propostas nos Plenos, deberían tomar nota do que se fai noutros concellos, con horarios de mañá e tarde que si permiten conciliar e que duran ata setembro”, aseguran.

imaxe.png

Conclúen, “pedímoslle ao Goberno municipal menos fotos e propaganda e máis traballo e reflexión para que Chantada teña, dunha vez por todas, políticas de conciliación á altura do século XXI e do que a sociedade chantadesa merece.”

imaxe.png

En definitiva, Por Chantada pide ao Goberno municipal menos fotos e propaganda e máis traballo e reflexión para que Chantada teñan, dunha vez por todas, políticas de conciliación á altura do século XXI e do que a sociedade chantadesa merece.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...