HomePolíticaCourel Vivo solicita unha ambulancia de Soporte Básico Vital

Courel Vivo solicita unha ambulancia de Soporte Básico Vital

Aseguran que Folgoso do Courel conta coa Ambulancia peor dotada das 125 que ten a rede en toda Galicia. "Nun concello onde moitos habitantantes temos o hospital de referencia a máis dunha hora de camiño e onde a media de idade é moi alta", insisten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Caurel Vivo aseguran que no Concello xa tiveron varias Urxencias onde quedaron patentes as carencias da ambulancia local, “onde a pouca altura e falta de espazo interno, dificultan a atención do paciente en
condicións”.

Segundo a información do Sergas, so 2 concellos están con ambulancias convencionais, mentres teñen outras 107 con soporte vital básico, 12 con soporte vital avanzado e 4 con soporte vital avanzado de enfermaría. “Debemos recalcar que o noso concello é dos concellos máis alonxados do hospital de referencia, polo que pode salvar vidas te ao r unha ambulancia mellor dotada”, aseguran desde Courel Vivo.

CV cre que no municipio debían contar polo menos cunha ambulancia de Soporte Básico Vital con 2 técnicos por turno e material médico ordenado en compartimentos. E lembran que o Courel non conta cunha base para que o persoal do 061 poida estar, polo que esperan que se tomen medidas para mellorar un servizo tan básico e tan necesario para o concello. Courel Vivo leva a pleno que se lle solicite formalmente ó 061 unha Ambulancia de Soporte Vital Básico e que o equipo de goberno traballe para dotar ao 061 dunha base no municipio.


ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...