HomePolíticaPerigo nunha estrada provincial de Paradela que o PP reclama reparar

Perigo nunha estrada provincial de Paradela que o PP reclama reparar

Os populares piden a dimisión inmediata de José Tomé Roca como Delegado de Vías e Obras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz popular, Javier Castiñeira, desprazouse a Paradela a petición do alcalde, José Manuel Mato, que amosou a súa preocupación pola seguridade dos seus veciños ao circular pola LU-P 5709, que vai de Santa María por Vilamaior a Castro de Rei de Lemos, tocando parte do Camiño de Santiago.

Os populares, como xa fixeron no pasado pleno provincial mediante un rogo, piden “ao presidente da Deputación, delegado de Vías e obras, señor Tomé, que atenda as peticións dos veciños de Paradela e do seu alcalde e arranxe esta estrada”.

Castiñeira explica: “Nesta estrada, segundo sinala o alcalde, José Manuel Mato, suceden numerosos accidentes, polo que é urxente dar solución a este problema. Hai partes do trazado moi sinuosas, con pontes, no que o firme está moi deteriorado; está sen rozar. Nalgún caso hai fochancas tan grandes que están cubertas cunha placa metálica. É unha estrada con moita circulación”.

Paradela estrada / PP provincial

Aproveita o PP para “lembrarlle a Tomé que está a tempo de dimitir como delegado de Vías e Obras; o seu traballo é nefasto. Debe deixar paso a algún compañeiro; confíe neles e delegue, porque non pode pretender facelo todo, porque despois non fai nada. O caso máis  claro é o malísimo estado da rede viaria da Deputación de Lugo”.

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, sinala: “A realidade das estradas da Deputación no Concello de Paradela é unha desfeita total. Na estrada que recentemente amañou a Deputación levamos 13 accidentes en dous anos e medio. E nas outras vías, tanto a do Páramo como esta LU-P 5709, os accidentes tamén son numerosos. O estado desta estrada é lamentable. E así están todas. Dende o 2007 non se lle tocou a esta estrada para nada. No 2007 fíxose unha primeira fase, que quedara contratada polo presidente Cacharro. Como alcalde reivindico a dimisión inmediata do delegado de Vías e Obras que vén ser o presidente da Deputación”.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...